Friday 17 de May de 2024

O Concello de Fene apoia con 10.000 euros a campaña de dinamización do comercio “Merca en Fene”


O Concello de Fene e a Asociación de Comercio, Hostalería e servizos “O Cruceiro” asinaron hai escasos días o convenio nominativo para o desenvolvemento do programa de dinamización do comercio local “Merca en Fene”. No protocolo de sinatura participaron o alcalde, Juventino Trigo, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ana Basoa Rioboo, o presidente de “O Cruceiro”, Xoán Manoel Ramos Reigosas, e a secretaria da entidade, Sandra González Dopico.

O importe da axuda económica ascende a 10.000 euros, destinados a unha iniciativa que busca destacar a calidade e proximidade dos establecementos feneses. A entidade ten en marcha durante este mes dúas campañas promocionais nas que participan 22 comercios e empresas de servizos e 9 locais hostaleiros. Coas compras entréganse boletos para participar en dous sorteos -un o 22 de decembro e outro o 8 de xaneiro- que rifarán 1.550€ en vales de compra, 31 bandexas con produtos gourmet e un grande lote valorado en 200 euros.